Álvaro de la Vega | “Desinencias”

15/12/2017 · Publicado por

Hola!

Compartimos con vosotr@s este poético y explicativo texto escrito por el propio artista definiendo su exposición actual en nuestro espacio, “Desinencias”:

“As variacións que unha palabra experimenta sitúana nun cruce de camiños do que arrancan liñas que se dirixen aos lugares do xénero, do número, do grande, do pequeno, do amable e do agresivo. Percorren tanto espazo que casi lle borran os límites. 

Se as palabras se cambian por outras bases doutras linguaxes, chégase á sintaxe do espazo. Ese é o medio natural da escultura. Aquí as desinencias son as variantes ( outros dixeron variacións sobre un tema) que constantemente impulsa a utilizar esa busca sin fin que é o acto de creación.

Estas obras aquí presentes son rastros e rostros deses percorridos que, en ocasións, crúzanse consigo mesmo, con tramos anteriormente visitados, que provocan unha certa complicidade entre autor e espectador.

Qué buscamos?

  • Retroceder para coller impulso.
  • O común das diferenzas.
  • O resplandor na escuridade.
  • O amarelo no verde.
  • O sol no fondo do mar.
  • O latido na masa inerte.

Nunca hai palabras definitivas para certas descricións.

Tatexamos, reiteramos termos intentando dar na diana. Aquilo que repetimos ou que revisitamos sempre se torna un intento de mellorar.

Solo intentamos imitar ao universo.”

Álvaro de la Vega