Natureza morta en 3D – ABC GALICIA / ARTE

04/05/2012 · Publicado por

A exposición do hiperrealista Miguel Piñeiro «Close up /background still life» chega á sala Moret Art da Coruña. Un traballo «case de inxeniería» por parte do artista arousán

Día 29/04/2012 – POR CRISTINA PICHEL

MP0290

O obxectivo, servir de punto de encontro para todos aqueles que compartan a paixón da arte. Con todo, e co apadriñamento de múltiples profesionais dos ámbitos da fotografía, a escultura e a pintura, a sala coruñesa pretende achegar a arte ao público e facela democrática, favorecendo a desfacerse da imaxe prototípica da arte como símbolo de clase social alta. «Achegamos a arte ao público entablando un diálogo fluido creador-espectador, que é a base primordial sobre a que Moret Art deseña as súas actividades de divulgación social-cultural».

Por iso, Blanco afirma que dende a sala «desenvolvemos un modelo pioneiro que incorpora ao mercado da arte ferramentas e metodoloxías, cuxa eficacia na xeración de solucións para os seus clientes xa foi constatada noutros sectores económicos. Ao integrar estas nos proxectos de consultoría que desenvolvemos, proporcionamos aos nosos clientes respostas globais cun óptimo grado de adaptación nos requisitos do proxeto», puntualizou.

«Moret Art» defínese como unha consultora integral de arte contemporáneo, creada para levar a cabo un novo modelo de xestión para este mercado en concreto, un mercado «complexo e atomizado no que dispoñer de información obxectiva, optimizando o tempo e os recursos económicos; un dos principais fitos a alcanzar», segundo apuntan dende a mesma entidade.

Con títulos evocadores como «Los piratas ya no beben Ron», «No me toques las canicas», «Leica» ou «Toy Soldier», Piñeiro volve outra vez á sala Moret Art, que xa se pode considerar como un fogar de acollida para o pintor arousán. Tralo paso polo Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela o pasado ano cunha exposición individual, o artista regresa ao espazo coruñés, no que garda unha ampla bagaxe xa. De feito, no ano 2008, Piñeiro expuxo unha mostra baixo o nome de «Instalaciones de realidad» e dous anos despois voltou á Coruña coa coñecida exposición «Alicia en el país de las maravillas». De ampla traxectoria dentro das fronteiras de Galicia, Piñeiro tamén se deu a coñecer no resto de España (grazas a varias exposicións organizadas en Madrid) e incluso fóra do territorio español mediante mostras realizadas de maneira colectiva, concretamente en Francia.

«Los piratas ya no beben Ron» en palabras da propia directora da sala coruñesa, «é un proxecto no que se coidaron ata o extremo todos os detalles, e iso inclúe, ata o packaging das obras e uns estoxos deseñados en exclusiva para o proxecto e realizados artesanalmente que parecen auténticos cofres de tesouro». Todo para levar a cabo «unha mostra absolutamente sorprendente tanto en forma como en fondo, e se sempre é importante ver as pezas en directo, nesta ocasión é esencial», sentenciou a directora.

De feito, estes recursos permítenlle ao pintor substituír os clásicos protagonistas dos bodegóns por novas figuras que seguen os fíos da modernidade, cunha vontade de responder ás cuestións do mundo actual e dos cidadáns, cada día máis esixentes con todos os campos artísticos e, sobre todo, coa pintura. Por iso, o proxecto de Piñeiro ábrelle as portas á orixinalidade e á ironía, claves que o artista emprega para achegarnos a este xénero clásico. A través de composicións impecables nas que o espectador deberá «navegar» para descubrir os múltiples detalles que encerran obras que semellan sinxelas,o pintor arousán presenta traballos de fonda labor artesanal.

E baixo xogos de primeiros e segundos planos en diferentes superficies e con técnicas de pinturas tamén diversas, Piñeiro tamén bota unha ollada ao mundo actual para nutrirse da inspiración que lle aportan outros ámbitos artísticos, como pode ser o mundo da moda, o cómic, ou outros obxectos de culto presentes na actualidade, como todos os aparatos vencellados ás novas tecnoloxías.Influencias actuais «Miguel superou os límites do trampantollo (ou «trampa ante o ollo») grazas aos elementos que sitúa no primeiro plano de metacrilato», manifestou recentemente a directora de Moret Art, Nuria Blanco. Por outro lado, «o xogo de enfoque/desenfoque entre primeiro e segundo plano produce no espectador unha sensación de realidade que case fai ter que frotarse os ollos para burlar o engano do noso cerebro», remarcou.

Todo isto conxugado cunha «absoluta precisión na técnica pictórica», con cores vivas e nada apagadas, que lle dan vistosidade e firmeza ás obras. A isto débeselle sumar tamén un traballo case de inxeniería á hora de ensamblar as obras que, en moitas ocasións, están constituídas por cuatro superficies distintas. Sumas de óleo e acrílico por un lado, e de madeira e metacrilato, por outro, son as xuntazas preferidas de Piñeiro para estes últimos traballos.

Nesta ocasión, e segundo apuntan dende Moret Art, o artista de Vilagarcía de Arousa presenta un novo concepto de natureza morta onde os obxectos se «materializan» mediante xogos de planos pictóricos sobre superficies diversas e vistosas. O metacrilato e a madeira son as máis abundantes, combinando, unha vez máis, as dúas perspectivas que Piñeiro quere deixar plasmadas nas súas obras: o clásico e a novidade, o pasado e o futuro.

Seguindo esta estela atópase o artista arousán Miguel Piñeiro, definido por el mesmo como un pintor hiperrealista que adapta os obxectos en tres dimensións ao xénero clásico da natureza morta. Dentro dos seus coñecidos traballos, este ano presenta unha nova exposición baixo o título «Close up/back ground still life», que reúne as súas últimas obras na sala Moret Art Espacio na Coruña. Inaugurada o pasado 16 de marzo, a mostra estará presente na sala ata o próximo 23 de mayo.

Acostumados estamos neste século XXI ás tres dimensións. O cine, a televisión e os videoxogos axudaron a implantar o 3D na vida cotiá, favorecendo o seu recoñecemento por parte de todo o público e tamén da propia crítica nos diferentes ámbitos. Xunto a esta nova estela implantada no século XXI, as formas e estilos clásicos aínda seguen presentes en todos os camiños artísticos. Deste xeito, moitos artistas optan pola combinación entre o clásico e o futurista, rompendo as regras establecidas e apostando por novas correntes de vangarda que marquen unha nova senda, un novo porvir no mundo das artes.