27 Mar
Publicado en Moret Art: blog

ARTE CONTEMPORÁNEA EN GALICIA 2012. ESTADO DA CUESTIÓN NO SECTOR
12 e 13 / 18 e 19 de abril
Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela
 
As Xornadas ARTE CONTEMPORÁNEA EN GALICIA 2012. ESTADO DA CUESTIÓN NO SECTOR , nas que participará Nuria Blanco entre outros, se celebrarán os días 12 e 13, 18 e 19 de abril de 2012 na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela.
 
As xornadas, organizadas pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega e coordinadas por María Luísa Sobrino, Natalia Poncela e Seve Penelas, pretenden reflexionar e debater sobre o estado actual da arte contemporánea en Galicia da man dos seus protagonistas máis directos. Isto é, dar a palabra a persoas representativas que exercen en Galicia desde o ámbito da arte, o comisariado, a crítica, a docencia, as galerías, o coleccionismo, a xestión cultural, a programación institucional e outros axentes que constitúen, entre todos, o colectivo que tenta traballar a prol de que a contemporaneidade estética teña dinamismo nas súas diferentes canles e non sexa allea aos nosos sinais de identidade e ao diálogo co mundo actual.

Para inscripcións e máis información podedeis pinchar aquí:

http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=334


 

30 Jun
Publicado en Moret Art: blog

Nuevo récord de subasta de arte contemporáneo: La recuperación el mercado se consolida.

06 Apr
Publicado en Moret Art: blog

Viernes 8 a las 18:00. En Espacio Atlántico